headerheader-400header-800
Volver

[URB-LIC-005] - Solicitude de Declaración de Innecesariedade de Licenza para Actos de División ou Segregación de Fincas

RELACION DE DIVISION DE TERREOS ONDE RESULTA INNECESARIO O OUTORGAMENTO DE LICENZA MUNICIPAL
  • A aprobación dun proxecto, reparcelación ou expropiación.
  • A execución de infraestruturas e dotacións públicas.
  • O outorgamento polo planeamento de distinta clasificación ou cualificación da parcela de orixe.

A instancia será analizada pola área funcional de Urbanismo, a cal xestionará a solicitude ou determinará o órgano xestor en base ao procedemento solicitado.

PRESENCIALMENTE

O modelo de solicitude e a documentación a achegar (de ser o caso) poderase presentar na seguinte unidade organizativa:

Oficina Técnica (Urbanismo)

Enderezo: Praza do Concello, 1 (Planta 2), C.P. 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra)

Teléfonos: 986 554 021 (extensións 1019 / 1018)

Email: rexistro.xeral@vilanovadearousa.gal

Horario: Luns a Venres: 9:00 a 14:00 h. Sábados: INHÁBILES.

O modelo debidamente cumprimentado e asinado poderase presentar na Oficina Técnica de Urbanismo do Concello de Vilanova de Arousa ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.


ELECTRONICAMENTE

Achegando o modelo de solicitude, debidamente cumprimentado e asinado, xunto coa documentación que sexa requerida en cada caso, sendo necesaria a identificación na sede mediante Certificado Dixital ou DNIe e acceder a tramitación online desta solicitude, premendo no boton Rexistro Electrónico.

As Persoas Xurídicas e demais suxeitos recollidos no Artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios y rexistradores da propiedade e mercantís) únicamente poderán comunicalo electrónicamente mediante este procedemento.

A documentación esixible a aportar é o modelo de solicitude en formato electrónico "[URB-LIC-005] – SOLICITUDE DE DECLARACION DE INNECESARIEDADE DE LICENZA PARA ACTOS DE DIVISIÓN OU SEGREGACIÓN DE FINCAS”, o cal é accesible a través do formulario de tramitación electrónica do procedemento, debendo de ser cumprimentadoasinado electrónicamente co certificado de usuario do interesado/a que realiza a presentación telemática da solicitude e, finalmente, engadido á documentación a anexar á solicitude para que a mesma sexa válida. 

En función do tipo de solicitude que desexe realizar, poida que sexa necesario achegar, aparte do modelo esixido, outra documentación adicional. Por iso, é recomendable que o cidadán solicite información sobre o trámite a realizar e a documentación que deberá achegar coa súa solicitude para, deste xeito, evitar ter que emendar errores por falta da mesma. 

Ademáis do modelo de instancia normalizado, deberáse de aportar, obrigatoriamente, a seguinte documentación adicional:

  • Persoa Física: Fotocopia do N.I.F. No caso de que se compareza en representación doutra persoa acompañarase, ademais da fotocopia do N.I.F. do representado, o documento que acredite debidamente a representación.
  • Persoa Xurídica: A persoa que asine a solicitude achegará a documentación acreditativa da súa representación (fotocopia da escritura pública de constitución de sociedade, poder, etc.).
  • Descritiva gráfica catastral das parcelas afectadas pola parcelación, segregación ou acto de división de terreo.
  • Escritura pública de propiedade do terreo. Dita escritura deberá estar inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición catastral.
  • Xustificante de pago dos tributos municipais que resulten preceptivos.
  • Proxecto de parcelación subscrito por técnico competente (2 copias en papel e 1 por cada organismo sectorial en caso de que teña que remitirse dende o Concello; ademáis dunha copia en formato dixital asinada electrónicamente) que incluirá:
    • Memoria que describa tanto o/s predio/s inicial/is como os resultantes, con indicación da referencia catastral, dos lindeiros, superficies bruta e neta, descrición das edificacións existentes na parcela (coas superficies construídas e de ocupación, e cálculos de ocupación e edificabilidade de acordó co planeamento urbanístico).
    • Plano de situación cos predios afectados.
    • Plano parcelario acoutado do predio, a escala axeitada e con base cartográfica topográfica, con indicación dos lindes, aliñacións e superficies bruta e neta e aproveitamento materializado, se é o caso (indicará para as edificacións existentes o seu uso así como as superficies ocupadas e edificadas).
    • Plano do parcelamento acoutado con indicación dos lotes propostos, reflectindo a aliñación, os lindes e superficie bruta e neta.
    • Superposición do plano parcelario sobre un plano de cualificacións urbanísticas.
    • Fichas individualizadas e descritivas dos lotes resultantes. Conterán a situación do predio, indicando se está edificado ou non; plano acoutado con expresión dos lindeiros; clase e categoría do solo; uso do solo; se dispón de edificación/s, indicará a altura, volume e situación da/s edificación/s, así como as superficies ocupadas e construídas e cos cálculos de ocupación e edificabilidade máxima da parcela, así como do xa materializado; indicarase a súa calidade de indivisible, se procede.
  • Reportaxe fotográfica da parcela e das edificacións existentes, de ser o caso, subscrita polo solicitante e polo técnico redactor do proxecto.
  • En caso de proxectos sen visado colexial, declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico competente na que figuren os seus datos persoais e profesionais, de xeito que permita a súa identificación, e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Oficina Técnica (Urbanismo) Plaza del Ayuntamiento, 1 (Planta 2), 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra) 986 554 021 (Extensiones: 1019 / 1018) Luns a Venres: 09:00 a 14:00h - Sábados: INHÁBIL
Oficina Enderezo Teléfonos
Oficina Técnica (Urbanismo) Plaza del Ayuntamiento, 1 (Planta 2), 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra) 986 554 021 (Extensiones: 1019 / 1018)
Oficina Horario
Oficina Técnica (Urbanismo) Luns a Venres: 09:00 a 14:00h - Sábados: INHÁBIL

Volver