www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com
Volver

[URB-CPO-002] - Comunicación Previa de Obras e Usos Con Acreditación Técnica

RELACION DE OBRAS QUE PODEN SER OBXECTO DA PRESENTE COMUNICACION PREVIA

Obras e usos non suxeitos á obtención de licenza, que polas súas características precisen de xustificación técnica e de cumprimento da normativa de aplicación, como poden ser:

  • Reforma de vivendas existentes que modifiquen a distribución interior, sen afectar á estrutura do edificio.
  • Restauración de fachadas, medianeiras, patios ou terrazas (excepto limpeza e pintado).
  • Obras puntuais de reestruturación ou consolidación.
  • A utilización do solo para o desenvolvemento de actividades mercantís, industriais, profesionais, de servizos ou outras análogas.
  • O uso do voo sobre as edificacións e instalacións de calquera clase.
  • A modificación do uso de parte dos edificios e instalacións, en xeral, cando non teñen por obxecto cambiar os usos característicos do edificio nen implantar un uso residencial.
  • A extracción de granulados para a construcción e a explotación de canteiras, aínda que se produza en terreos de dominio público e estean suxeitos a concesión ou autorización administrativa.
  • As actividades extractivas de minerais, liquidos e de calquera outra materia, así como as de verteduras no subsolo.
  • A instalación de invernadoiros.
  • As instalacións e construccións, de carácter temporal, destinadas a espectáculos e actividades recreativas.

Outros análogos non recollidos expresamente, segundo a natureza da actuación.

A instancia será analizada pola área funcional de Urbanismo, a cal xestionará a solicitude ou determinará o órgano xestor en base ao procedemento solicitado.

PRESENCIALMENTE

O modelo de solicitude e a documentación a achegar (de ser o caso) poderase presentar na seguinte unidade organizativa:

Rexistro Xeral (Concello de Vilanova de Arousa)

Enderezo: Praza do Concello, 1 (Planta Baixa), C.P. 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra)

Teléfonos: 986 554 021 / 986 554 082  - Fax: 986 554 069

Email: rexistro.xeral@vilanovadearousa.gal

Horario: Luns a Venres: 9:00 a 13:30 h. Sábados: INHÁBILES.

O modelo debidamente cumprimentado e asinado poderase presentar no Rexistro Xeral do Concello de Vilanova de Arousa ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.


ELECTRONICAMENTE

Achegando o modelo de solicitude, debidamente cumprimentado e asinado, xunto coa documentación que sexa requerida en cada caso, sendo necesaria a identificación na sede mediante Certificado Dixital ou DNIe e acceder a tramitación online desta solicitude, premendo no boton Rexistro Electrónico.

As Persoas Xurídicas e demais suxeitos recollidos no Artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios y rexistradores da propiedade e mercantís) únicamente poderán comunicalo electrónicamente mediante este procedemento.

A documentación esixible a aportar é o modelo de solicitude en formato electrónico "[URB-CPO-002] - COMUNICACION PREVIA DE OBRAS E USOS CON ACREDITACIÓN TECNICA", o cal é accesible a través do formulario de tramitación electrónica do procedemento, debendo de ser cumprimentadoasinado electrónicamente co certificado de usuario do interesado/a que realiza a presentación telemática da solicitude e, finalmente, engadido á documentación a anexar á solicitude para que a mesma sexa válida. 

En función do tipo de solicitude que desexe realizar, poida que sexa necesario achegar, aparte do modelo esixido, outra documentación adicional. Por iso, é recomendable que o cidadán solicite información sobre o trámite a realizar e a documentación que deberá achegar coa súa solicitude para, deste xeito, evitar ter que emendar errores por falta da mesma. 

Ademáis do modelo de instancia normalizado, deberáse de aportar, obrigatoriamente, a seguinte documentación adicional:

  • Persoa Física: Fotocopia do N.I.F. No caso de que se compareza en representación doutra persoa acompañarase, ademais da fotocopia do N.I.F. do representado, o documento que acredite debidamente a representación.
  • Persoa Xurídica: A persoa que asine a solicitude achegará a documentación acreditativa da súa representación (fotocopia da escritura pública de constitución de sociedade, poder, etc.).
  • Descritiva Gráfica Catastral.
  • Xustificante de Pago dos Tributos Municipais que resulten preceptivos.
  • Memoria / Proxecto Técnico redactado por técnico competente (incluindo estudo de seguridade e saúde) e declaración do/a técnico/a ou os/as facultativos/as que autoricen o proxecto de que este cumpre, en todos os seus termos, coa ordenación urbanística de aplicación (2 copias en papel e 1 por cada organismo sectorial, en caso de que teña que remitirse dende o concello; ademais dunha copia en formato dixital asinada electrónicamente).
  • Oficio de Dirección de Obra, de Dirección de Execución e de Coordinación de Seguridade e Saúde.
  • Declaración Responsable (ou certificado colexial) do técnico competente no que figuren os seus datos persoais e profesionais, de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • Reportaxe Fotográfica de conxunto e detalle da edificación e/ou zona onde se localizarán as obras ou usos.
  • Copia das Autorizacións, Concesións Administrativas ou Informes Sectoriais emitidos polos organismos estatais ou autonómicos competentes, cando sexan legalmente esixibles para o/a interesado/a, ou acreditación de que se solicitou o seu organismo nalgún ou varios dos seguintes ámbitos: Costas, Augas, Estradas, Deputación Provincial, Patrimonio e Outros.

CONDICIONS XERAIS:

  • Cando se queiran realizar diversas actuacións relacionadas coa mesma edificación ou inmoble, presentarase unha única comunicación previa.
  • É requisito indispensable en todas as obras dispor, ao pé dela, de copia selada que acredite a presentación no Rexistro Xeral do Concello de Vilanova de Arousa da comunicación previa.
  • Cando os actos de edificación e uso do solo e do subsolo sexan realizados en terreos de dominio público, deben obterse as autorizacións ou concesións preceptivas previas emitidas polo organismo do titular do dominio público. A falta destas ou a súa denegación impediralle obter o título habilitante.
  • A presente comunicación non supón autorización para a ocupación da vía pública u outros espazos públicos con materias de construcción, estadas, máquinas, guindastres ou calquera ferramenta ou instrumento, nin para ningún outro acto de uso do solo ou do subsolo de dominio público ao que afecte o mesmo, xa que este extremo deberá de ser obxecto da correspondente solicitude de licenza para a súa autorización, se procede.
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Rexistro Xeral (Concello de Vilanova de Arousa) Praza do concello, 1, C.P. 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra) 986 554 021 / 986 554 082     Fax: 986 554 069 Luns a Venres: 09:00 a 13:30h. - Sábados: INHÁBIL
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro Xeral (Concello de Vilanova de Arousa) Praza do concello, 1, C.P. 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra) 986 554 021 / 986 554 082     Fax: 986 554 069
Oficina Horario
Rexistro Xeral (Concello de Vilanova de Arousa) Luns a Venres: 09:00 a 13:30h. - Sábados: INHÁBIL
  • Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia.
  • Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia.
  • Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
  • Lei 13/2010, do comercio interior de Galicia.
  • Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras (I.C.I.O.).
  • Ordenanza fiscal por prestación de servizos ou realización de actividades (taxa por expedición de licenzas urbanísticas).
  • Ordenanza fiscal por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local (taxa por ocupación de terreos de uso público municipal con mercadorías, materiais de construción, refugallos, valados, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas).

Volver