www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com

Calendario de Días Inhábiles

Tal e como establece a Ordenanza Reguladora da creación do Rexistro Electrónico do Concello de Vilanova de Arousa, este rexistro estará á disposición dos seus usuarios as vintecatro horas do día, todos os días do ano, excepto as interrupcións que sexan necesarias por razóns técnicas.

Aos efectos de cómputo do prazo fixado en días hábiles ou naturais, no que se refire ao cumprimento de prazos polos interesados/as, a presentación nun día inhábil entenderase realizada na primeira hora do primeiro día hábil seguinte.

O calendario de días inhábiles, elabórase con sometemento ao calendario laboral oficial, fixando no seu respectivo ámbito (administración estatal, autonómica e local) os días inhábiles, -Art. 48.6 da Lei 30/92 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRJ-PAC)-. O calendario laboral oficial publícao a Dirección Xeral de Traballo do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais en cumprimento do establecido no Real Decreto 2001/1983 .

Días Inhábiles do 2019

  • Festas Laborais de carácter Xeral
    • 01 de xaneiro: Ano Novo
    • 19 de marzo: San Xosé
    • 18 de abril: Xoves Santo
    • 19 de abril: Venres Santo
    • 1 de maio: Festa do Traballo
    • 17 de maio: Día das Letras Galegas
    • 25 de xullo: Día Nacional de Galicia
    • 15 de agosto: A Asunción
    • 12 de outubro: Día da Hispanidade
    • 1 de novembro: Todos os Santos
    • 6 de decembro: Día da Constitución
    • 25 de decembro: Nadal


  • Festas Laborais de carácter Local
    • 16 de setembro: San Cibrán
    • 15 de xaneiro: San Mauro