headerheader-400header-800

Dereitos sobre Protección de Datos

A normativa en materia de protección de datos permite que calquera persoa poida exercer os seus dereitos de aceso, rectificación, supresión e portabilidade de datos, oposición e limitación ao seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisións baseadas, únicamente, no tratamento automatizado dos seus datos.


Dereito de Aceso.

A persoa afectada tén dereito a ser informada:

  • dos fins do tratamento, así como das categorías de datos persoais que se traten e das posibles comunicacións de datos e os seus destinatarios.
  • do prazo de conservación dos datos, de ser posible. De non selo, os criterios para determinar este prazo.
  • do dereito a solicitar a rectificación ou supresión dos datos, a limitación ao tratamento, ou opoñerse ao mesmo.
  • do dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control.
  • a obter, cando os datos persoais non se obtiveran do interesado, calquera información dispoñible sobre a súa orixe.
  • a recibir información das garantías adecuadas si se produce unha transferencia internacional de datos.
  • a obtener unha copia dos datos obxecto do tratamento.
  • da existencia de decisións automatizadas (incluíndo perfiles), a lóxica aplicada e as consecuencias deste tratamento.

Debe distinguirse do dereito de aceso dos interesados aos expedientes administrativos que regula a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, así como o dereito de aceso regulado na Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, aceso á información pública e bo goberno.


Dereito de Rectificación.

A persoa afectada tén dereito a obter, sen dilación indebida do responsable do tratamento, a rectificación dos datos persoais inexactos, así como que se completen aqueles datos persoais incompletos, incluso mediante unha declaración adicional.


Dereito de Supresión (dereito ao esquecemento).

A persona afectada pode solicitar a supresión dos datos persoais cando concorra algún dos supostos contemplados na lexislación, destacando aqueles casos nos que desaparezca a finalidade que motivou o tratamento, ou que os datos persoais fosen tratados de forma ilícita.

Exceptúase este dereito nos casos en que deba prevalecer, para el cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poder públicos conferidos ao responsable.


Dereito á Limitación do Tratamento.

Permite á persona afectada obter do responsable do tratamento a limitación do tratamento dos datos cando:

  • se impugne a exactitude dos datos, mentres se verifica dita exactitude polo responsable.
  • o tratamento resulte ilícito, pero o interesado solicite, no lugar da supresión, a limitación do seu uso.
  • o responsable xa non necesite os datos para o fin do tratamento, pero sí a persona interesada para o exercicio dalgun dos seus dereitos.
  • o afectado exercitou o seu dereito de oposición ao tratamento, mentres se verifica se os motivos lexítimos do responsable prevalecen sobre o afectado.


Dereito á Portabilidade.

A persoa interesada terá dereito a recibir, do responsable do tratamento, os seus datos persoais, nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou solicitar que sexan transmitidos a outro responsable do tratamento, cando sexa técnicamente posible.


Dereito de Oposición.

A persoa afectada pode opoñerse ao tratamento:

  • cando, por motivos relacionados coa sua situación persoal, deba de cesar o tratamento dos datos, salvo que se acredite un interés lexítimo, que prevaleza sobre os intereses, dereitos e libertades do interesado, ou sexa necesario para o exercicio ou defensa de reclamacións.
  • cando o tratamento teña por obxecto a mercadotecnia directa.


Formularios para o exercicio dos seus dereitos: