headerheader-400header-800

Rexistro de Actividades de Tratamento

O artigo 30 do Regulamento U.E. 2016/679 Xeral de Protección de Datos (R.X.P.D.) establece que, cada responsable, levará un rexistro das actividades de tratamento que efectúa e coa información indicada a continuación:

  • O nome e os datos de contacto do responsable e do delegado de protección de datos.
  • Os fins do tratamento.
  • Unha descrición das categorías de interesados e das categorías de datos persoais
  • As categorías dos destinatarios dos datos.
  • As transferencias de datos persoais, se as hai.
  • Os prazos previstos para a supresión das diferentes categorías de datos, cando sexa posible.
  • Unha descrición xeral das medidas técnicas e organizativas de seguridade.

Así mesmo, segundo regúlase no artigo 31.2 da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (L.O.P.D.G.D.D.), todas as entidades incluídas no artigo 77.1 desta lei orgánica deberán facer público un inventario dos seus tratamentos, no que constará a información establecida no artigo 30 do R.X.P.D. e a súa base legal lexitimadora para o tratamento dos datos de carácter persoal.

De conformidade con esta normativa, publícase un rexistro das actividades de tratamento efectuadas polo Concello de Vilanova de Arousa:

Rexistro de Actividades de Tratamento
 http://sede.vilanovadearousa.gal/dcsv/MU677NO6YR7B8IQZ