www.cividas.comwww.cividas.comwww.cividas.com

Servizo de Orientación Laboral

O servizo de Orientación Laboral leva funcionando no Concello de Vilanova de Arousa dende 1998 na Casa da Cultura de Esteiro.

Está dirixido aos demandantes de emprego, tanto desempregados como traballadores en activo que desexen mellorar a súa carreira profesional, poñendo a súa disposición información e prestando asesoramento no seu proxecto individual na busca de emprego ou mellora das condicións actuais.

Entre outras actividades, o servizo analizará os itinerarios profesionais de cada demandante en función das súas capacidades e formación, así como as súas aptitudes para, como consecuencia, contribuir a unha maior coincidencia da demanda e da oferta, a través do análise do mercado e do estudo do perfil profesional dos seus usuarios.