- Cl@ve é un sistema orientado a unificar e simplificar o acceso electrónico da cidadanía aos servizos públicos. O seu obxectivo principal é que a cidadanía se poida identificar ante a Administración mediante claves concertadas (usuario máis contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e), sen ter que recordar claves diferentes para acceder aos distintos servizos.
Para usar o sistema, só tes que obter previamente a túa credencial electrónica de identificación mediante algún dos procedementos previstos.
Para isto, tes que te rexistrar no sistema, ben de forma presencial, nalgunha das oficinas de rexistro adheridas ao sistema, ben por Internet, cun certificado electrónico recoñecido.
Podes obter máis información premendo no seguiente enlace: