headerheader-400header-800
Volver

Modificación Puntual nº2 do Plan Parcial do Polígono Industrial de Tremoedo

O Concello de Vilanova de Arousa está tramitando a Modificación Puntual Nº2 do Plan Parcial do Polígono Industrial de Tremoedo para a reforma puntual da ordenación urbanística e da regulación normativa.
De Conformidade co disposto nos artigos 75.1.a) da Lei 2/2016, do 16 de febreiro, do Solo de Galicia, e 186.1.a) do Decreto 143/2016, de 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei do Solo, se somete o documento a información pública durante un prazo de dous (2) meses a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e en un dos xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra. Entre a documentación está incluída proposta de Convenio Urbanístico de Planeamento conforme artigo 168 da Lei 2/2016, do 16 de febreiro, do Solo de Galicia (LSG).
O expediente poderá ser consultado na área de urbanismo do Concello, sita na Casa Consistorial, 3ª planta (Praza do Concello núm.1), de luns a venres, agás festivos, en horario de 9:00 a 13:00h, e na Sede Electrónica do Concello de Vilanova de Arousa no apartado de "Taboleiro de Anuncios">"Urbanismo"

Data de publicación: 06/07/2021

Categoría: Urbanismo

Remitido por: Urbanismo

  1. Descargar
  2. Descargar
  3. Descargar
  4. Descargar
  5. Descargar
  6. Descargar
  7. Descargar
  8. Descargar
  9. Descargar
  10. Descargar
  11. Descargar
  12. Descargar