O Concello de Vilanova de Arousa está iniciando a tramitación da Modificación Puntual nº 23 das Normas Subsidiarias do Planeamento Municipal para a redelimitación do Núcleo Rural de Fonsín.
De conformidade co disposto nos artigos 78.2 a) da Lei 2/2016, do 16 de febreiro, do Solo de Galicia, e 191.1 a) do Decreto 143/2016, de 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei do Solo, se somete o documento a información pública durante un prazo de dous (2) meses a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e dous dos xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra.
O expediente poderá ser consultado na área de urbanismo do Concello, sita na Casa Consistorial, 3ª planta (Praza do Concello núm. 1), de luns a venres, agás festivos, en horario de 09:00 a 13:00h, e na sede electrónica do Concello de Vilanova de Arousa no apartado de “Taboleiro de Anuncios”.