headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

[RX001] - Instancia Xeral

Permite a presentación, por parte do Interesado/a, de solicitudes ante o Rexistro Xeral do concello, con relación a todas aquelas cuestións para as cales non exista procedemento ou modelo normalizado, tanto en papel como de maneira telemática. 

O concello, mediante este servizo, pón á disposición da cidadanía unha vía de comunicación directa a través de medios electrónicos, permitindo o acceso (logo da previa identificación fidedigna) á Administración sen falta de desprazarse a ela. 

A instancia será analizada pola área funcional de Rexistro Xeral, a cal determinará o órgano xestor en base ao procedemento solicitado. 

PRESENCIALMENTE

O modelo de solicitude e a documentación a achegar (de ser o caso) poderase presentar na seguinte unidade organizativa:

Rexistro Xeral (Concello de Vilanova de Arousa)

Enderezo: Praza do Concello, 1 (Planta Baixa), C.P. 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra)

Teléfonos: 986 554 021 / 986 554 082  - Fax: 986 554 069

Email: rexistro.xeral@vilanovadearousa.gal

Horario: Luns a Venres: 9:00 a 13:30 h. Sábados: INHÁBILES.

O modelo debidamente cumprimentado e asinado poderase presentar no Rexistro Xeral do Concello de Vilanova de Arousa ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.


ELECTRÓNICAMENTE

Achegando o modelo de solicitude, debidamente cumprimentado e asinado, xunto coa documentación que sexa requerida en cada caso, sendo necesaria a identificación na sede mediante Certificado Dixital ou DNIe e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton Rexistro Electrónico.

As Persoas Xurídicas e demais suxeitos recollidos no Artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios y rexistradores da propiedade e mercantís) únicamente poderán comunicalo electrónicamente mediante este procedemento.

A documentación esixible a aportar é o modelo de solicitude en formato electrónico "[RX001] - Instancia Xeral", o cal é accesible a través do formulario de tramitación electrónica do procedemento, debendo de ser cumprimentado, asinado electrónicamente co certificado de usuario do interesado/a que realiza a presentación telemática da solicitude e, finalmente, engadido á solicitude para que a mesma sexa válida. 

En función do tipo de solicitude que desexe realizar, poida que sexa necesario achegar, aparte do modelo esixido, outra documentación adicional. Por iso, é recomendable que o cidadán solicite información sobre o trámite a realizar e a documentación que deberá achegar coa súa solicitude para, deste xeito, evitar ter que emendar errores por falta da mesma. 

Os datos que deben de cumprimentarse obrigatoriamente no modelo indicado son os seguintes:

  • Datos Identificativos:  Nome Compreto e N.I.F. do interesado e, no seu caso, da persoa que o represente, así como a identificación do Enderezo e do Tipo Preferente de Comunicación que se indiquen a efectos de notificación.
  • Feitos, Razóns e/ou Peticións (con indicación de lugar e data, se corresponde).
  • Sinatura do Solicitante.

A Instancia Xeral utilizarase sempre e cando non exista modelo específico ou procedemento telemático concreto referente á petición. 

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Rexistro Xeral (Concello de Vilanova de Arousa) Praza do concello, 1, C.P. 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra) 986 554 021 / 986 554 082     Fax: 986 554 069 Luns a Venres: 09:00 a 13:30h. - Sábados: INHÁBIL
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro Xeral (Concello de Vilanova de Arousa) Praza do concello, 1, C.P. 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra) 986 554 021 / 986 554 082     Fax: 986 554 069
Oficina Horario
Rexistro Xeral (Concello de Vilanova de Arousa) Luns a Venres: 09:00 a 13:30h. - Sábados: INHÁBIL
  • Lei 39/2015, do 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local.
  • Lei 11/2007, do 22 de xuño, de Aceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos.
  • Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.
  • Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de Desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.
  • Lei Orgánica 4/2001, de 12 de novembro, reguladora do Dereito de Petición.
  • Ordenanzas vixentes do Concello de Vilanova de Arousa.
  • Aqueloutra normativa que resulte de aplicación ao suposto.

Volver
Rexistro electrónico