headerheader-400header-800
Volver

[RX002] - Solicitude de Certificado

Permite a presentación, por parte do Interesado/a de solicitudes ante o Rexistro Xeral do concello, con relación a expedición de certificacións de diversa natureza ou índole.

O concello, mediante este servizo, pón á disposición da cidadanía unha vía de comunicación directa a través de medios electrónicos, permitindo o acceso, logo da previa identificación fidedigna, á Administración sen falta de desprazarse a ela. 

A instancia será analizada pola área funcional de Rexistro Xeral, a cal determinará o órgano xestor en base ao procedemento solicitado. 

O modelo de solicitude e a documentación a achegar (de ser o caso) poderase presentar na seguinte unidade organizativa:

Rexistro Xeral (Concello de Vilanova de Arousa)

Enderezo: Praza do Concello, 1 (Planta Baixa), C.P. 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra)

Teléfonos: 986 554 021 / 986 554 082  - Fax: 986 554 069

Email: rexistro.xeral@vilanovadearousa.gal

Horario: Luns a Venres: 9:00 a 14:00 h. Sábados: INHÁBILES.

O modelo debidamente cumprimentado e asinado poderase presentar no Rexistro Xeral do Concello de Vilanova de Arousa ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.


ELECTRÓNICAMENTE

Achegando o modelo de solicitude, debidamente cumprimentado e asinado, xunto coa documentación que sexa requerida en cada caso, sendo necesaria a identificación na sede mediante Certificado Dixital ou DNIe e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton Rexistro Electrónico

As Persoas Xurídicas e demais suxeitos recollidos no Artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios y rexistradores da propiedade e mercantís) únicamente poderán comunicalo electrónicamente mediante este procedemento.

Só é esixible o modelo de solicitude "[RX002] - Instancia de Solicitude de Certificado" pero, en función do tipo de solicitude que desexe realizar, poida que sexa necesario achegar, aparte do modelo esixido, outra documentación adicional. Por iso, é recomendable que o cidadán solicite información sobre o trámite a realizar e a documentación que deberá achegar coa súa solicitude para, deste xeito, evitar ter que emendar errores por falta de documentación. 

Os datos que deben de cumprimentarse obrigatoriamente no modelo indicado son seguintes datos:

  • Datos Identificativos:  Nome Compreto e N.I.F. do interesado e, no seu caso, da persoa que o represente, así como a identificación do Enderezo e do Tipo Preferente de Comunicación que se indique a efectos de notificacións.
  • FeitosRazóns e/ou Peticións (con indicación de lugar e data, se corresponde).
  • Tipo de Certificación a solicitar.
  • Sinatura do Solicitante.

Cómpre recordar que para determinadas administracións a validez dos documentos de certificación caduca segundo o prazo establecido por cada organismo

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Rexistro Xeral (Concello de Vilanova de Arousa) Praza do concello, 1, C.P. 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra) 986 554 021 / 986 554 082     Fax: 986 554 069 Luns a Venres: 09:00 a 13:30h. - Sábados: INHÁBIL
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro Xeral (Concello de Vilanova de Arousa) Praza do concello, 1, C.P. 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra) 986 554 021 / 986 554 082     Fax: 986 554 069
Oficina Horario
Rexistro Xeral (Concello de Vilanova de Arousa) Luns a Venres: 09:00 a 13:30h. - Sábados: INHÁBIL

Volver