headerheader-400header-800
Volver

[URB-CPO-003] - Comunicación Previa de Obras de Peche e Muros de Contención Inferiores a 1,5 mts.

RELACION DE OBRAS QUE PODEN SER OBXECTO DA PRESENTE COMUNICACION PREVIA
  • Muros de peche.
  • Muros de contención con altura inferior a 1,5 mts.

A instancia será analizada pola área funcional de Urbanismo, a cal xestionará a solicitude ou determinará o órgano xestor en base ao procedemento solicitado.

PRESENCIALMENTE

O modelo de solicitude e a documentación a achegar (de ser o caso) poderase presentar na seguinte unidade organizativa:

Oficina Técnica (Urbanismo)

Enderezo: Praza do Concello, 1 (Planta 2), C.P. 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra)

Teléfonos: 986 554 021 (extensións 1019 / 1018)

Email: rexistro.xeral@vilanovadearousa.gal

Horario: Luns a Venres: 9:00 a 14:00 h. Sábados: INHÁBILES.

O modelo debidamente cumprimentado e asinado poderase presentar na Oficina Técnica de Urbanismo do Concello de Vilanova de Arousa ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.


ELECTRONICAMENTE

Achegando o modelo de solicitude, debidamente cumprimentado e asinado, xunto coa documentación que sexa requerida en cada caso, sendo necesaria a identificación na sede mediante Certificado Dixital ou DNIe e acceder a tramitación online desta solicitude, premendo no boton Rexistro Electrónico.

As Persoas Xurídicas e demais suxeitos recollidos no Artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios y rexistradores da propiedade e mercantís) únicamente poderán comunicalo electrónicamente mediante este procedemento.

A documentación esixible a aportar é o modelo de solicitude en formato electrónico "[URB-CPO-003] - COMUNICACION PREVIA DE OBRAS DE PECHE E MUROS DE CONTENCIÓN INFERIORES A 1,5 MTS.", o cal é accesible a través do formulario de tramitación electrónica do procedemento, debendo de ser cumprimentadoasinado electrónicamente co certificado de usuario do interesado/a que realiza a presentación telemática da solicitude e, finalmente, engadido á documentación a anexar á solicitude para que a mesma sexa válida. 

En función do tipo de solicitude que desexe realizar, poida que sexa necesario achegar, aparte do modelo esixido, outra documentación adicional. Por iso, é recomendable que o cidadán solicite información sobre o trámite a realizar e a documentación que deberá achegar coa súa solicitude para, deste xeito, evitar ter que emendar errores por falta da mesma. 

Ademáis do modelo de instancia normalizado, deberáse de aportar, obrigatoriamente, a seguinte documentación adicional:

  • Persoa Física: Fotocopia do N.I.F. No caso de que se compareza en representación doutra persoa acompañarase, ademais da fotocopia do N.I.F. do representado, o documento que acredite debidamente a representación.
  • Persoa Xurídica: A persoa que asine a solicitude achegará a documentación acreditativa da súa representación (fotocopia da escritura pública de constitución de sociedade, poder, etc.).
  • Descritiva Gráfica Catastral.
  • Xustificante de Pago dos Tributos Municipais que resulten preceptivos.
  • Memoria Técnica do peche que se pretende realizar, na que se indicarán as características de lonxitude, altura, materiais e medios a empregar (2 copias en formato dixital asinadas electrónicamente e 1 copia mais por cada organismo sectorial, en caso de que teña que remitirse dende o concello; ademais dunha copia en papel).
  • Plano de Situación das Normas Urbanísticas Municipais en vigor.
  • Plano onde quede suficientemente clara a posición respecto das propiedades lindeiras e vías de acceso, indicando alturas e recuadros, escala mínima 1:500.
  • Orzamento Detallado, subscrito por técnico competente, reflectíndose as dimensións exactas, prezos unitarios e prezo total das obras.
  • Fotografías do linde onde se van a facer as obras.
  • Declaración Responsable (ou certificado colexial) do técnico competente no que figuren os seus datos persoais e profesionais, de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • Documento de Formalización da Cesión, se é o caso.
  • Copia das Autorizacións, Concesións Administrativas ou Informes Sectoriais emitidos polos organismos estatais ou autonómicos competentes, cando sexan legalmente esixibles para o/a interesado/a, ou acreditación de que se solicitou o seu organismo nalgún ou varios dos seguintes ámbitos: Costas, Augas, Estradas, Deputación Provincial, Patrimonio e Outros.

CONDICIONS XERAIS:

  • Cando se queiran realizar diversas actuacións relacionadas coa mesma edificación ou inmoble, presentarase unha única comunicación previa.
  • É requisito indispensable en todas as obras dispor, ao pé dela, de copia selada que acredite a presentación no Rexistro Xeral do Concello de Vilanova de Arousa da comunicación previa.
  • Cando os actos de edificación e uso do solo e do subsolo sexan realizados en terreos de dominio público, deben obterse as autorizacións ou concesións preceptivas previas emitidas polo organismo do titular do dominio público. A falta destas ou a súa denegación impediralle obter o título habilitante.
  • A presente comunicación non supón autorización para a ocupación da vía pública u outros espazos públicos con materias de construcción, estadas, máquinas, guindastres ou calquera ferramenta ou instrumento, nin para ningún outro acto de uso do solo ou do subsolo de dominio público ao que afecte o mesmo, xa que este extremo deberá de ser obxecto da correspondente solicitude de licenza para a súa autorización, se procede.
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Oficina Técnica (Urbanismo) Plaza del Ayuntamiento, 1 (Planta 2), 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra) 986 554 021 (Extensiones: 1019 / 1018) Luns a Venres: 09:00 a 14:00h - Sábados: INHÁBIL
Oficina Enderezo Teléfonos
Oficina Técnica (Urbanismo) Plaza del Ayuntamiento, 1 (Planta 2), 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra) 986 554 021 (Extensiones: 1019 / 1018)
Oficina Horario
Oficina Técnica (Urbanismo) Luns a Venres: 09:00 a 14:00h - Sábados: INHÁBIL
  • Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia.
  • Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia.
  • Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
  • Lei 13/2010, do comercio interior de Galicia.
  • Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras (I.C.I.O.).
  • Ordenanza fiscal por prestación de servizos ou realización de actividades (taxa por expedición de licenzas urbanísticas).
  • Ordenanza fiscal por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local (taxa por ocupación de terreos de uso público municipal con mercadorías, materiais de construción, refugallos, valados, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas).

Volver