headerheader-400header-800
Volver

[URB-LIC-001] - Solicitude de Licenza de Obras e Outros Actos ou Usos do Solo e Subsolo

RELACION DE OBRAS SUXEITAS A OBTENCION DE LICENZA MUNICIPAL
  • Os actos de edificación e uso do solo e do subsolo que, consonte á normativa xeral de ordenación da edificación, precisen de proxecto de obras de edificación.
  • As intervencións en inmobles declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.
  • Os muros de contención de terras, cando a súa altura sexa igual ou superior a 1,5 mts.
  • Os grandes movementos de terras e as explanacións.
  • A implantación de calquera instalación de uso residencial, xa sexa provisional ou permanente.
  • A corta de masas arbóreas ou de vexetación arbustiva en terreos incorporados a procwsos de transformación urbanísticas e, en todo caso, cando a dita corta derive da lexislación de protección do dominio público, agás as autorizadas en solo rústico polos órganos competentes en materia forestal.

A instancia será analizada pola área funcional de Urbanismo, a cal xestionará a solicitude ou determinará o órgano xestor en base ao procedemento solicitado.

PRESENCIALMENTE

O modelo de solicitude e a documentación a achegar (de ser o caso) poderase presentar na seguinte unidade organizativa:

Oficina Técnica (Urbanismo)

Enderezo: Praza do Concello, 1 (Planta 2), C.P. 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra)

Teléfonos: 986 554 021 (extensións 1019 / 1018)

Email: rexistro.xeral@vilanovadearousa.gal

Horario: Luns a Venres: 9:00 a 14:00 h. Sábados: INHÁBILES.

O modelo debidamente cumprimentado e asinado poderase presentar na Oficina Técnica de Urbanismo do Concello de Vilanova de Arousa ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.


ELECTRONICAMENTE

Achegando o modelo de solicitude, debidamente cumprimentado e asinado, xunto coa documentación que sexa requerida en cada caso, sendo necesaria a identificación na sede mediante Certificado Dixital ou DNIe e acceder a tramitación online desta solicitude, premendo no boton Rexistro Electrónico.

As Persoas Xurídicas e demais suxeitos recollidos no Artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios y rexistradores da propiedade e mercantís) únicamente poderán comunicalo electrónicamente mediante este procedemento.

A documentación esixible a aportar é o modelo de solicitude en formato electrónico "[URB-LIC-001] - SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRAS E OUTROS ACTOS OU USOS DO SOLO E SUBSOLO", o cal é accesible a través do formulario de tramitación electrónica do procedemento, debendo de ser cumprimentadoasinado electrónicamente co certificado de usuario do interesado/a que realiza a presentación telemática da solicitude e, finalmente, engadido á documentación a anexar á solicitude para que a mesma sexa válida. 

En función do tipo de solicitude que desexe realizar, poida que sexa necesario achegar, aparte do modelo esixido, outra documentación adicional. Por iso, é recomendable que o cidadán solicite información sobre o trámite a realizar e a documentación que deberá achegar coa súa solicitude para, deste xeito, evitar ter que emendar errores por falta da mesma. 

Ademáis do modelo de instancia normalizado, deberáse de aportar, obrigatoriamente, a seguinte documentación adicional:

  • Persoa Física: Fotocopia do N.I.F. No caso de que se compareza en representación doutra persoa acompañarase, ademais da fotocopia do N.I.F. do representado, o documento que acredite debidamente a representación.
  • Persoa Xurídica: A persoa que asine a solicitude achegará a documentación acreditativa da súa representación (fotocopia da escritura pública de constitución de sociedade, poder, etc.).
  • Descritiva Gráfica Catastral da parcela onde se van a executar as obras, indicando a posición das mesmas.
  • Xustificante de Pago dos Tributos Municipais que resulten preceptivos.
  • Escritura de propiedade do terreo, constitución de dereito de superficie ou calquera outro título acreditativo do dereito do interesado. Dita escritura deberá estar inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición rexistral.
  • Cando proceda, documentación acreditativa da mancomunidade de patios ou garaxes ou compromisos cos líndantes no caso de edificacións apegadas.
  • Proxecto completo redactado por técnico competente (2 copias en formato dixital asinadas electrónicamente e 1 copia mais por cada organismo sectorial en caso de que teña que remitirse dende o concello; ademais dunha copia en papel). Conterá unha memoria urbanística, como documento específico e independente, na cal se indicará a finalidade e o uso da construción ou actuación proxectada, razoándose a súa adecuación á ordenación vixente, con expresa indicación da clasificación e cualificación do solo obxecto da actuación e da normativa e das ordenanzas aplicables a él.

A memoria do proxecto desenvolverá os argumentos necesarios para xustificar o cumprimento do preceptuado no artigo 216 do Regulamento da Lei do Solo de Galicia, e irá acompañada dos correspondentes planos de situación a escala axeitada, así como de calquera outra información gráfica que resulte precisa para apoiar seu contido. Igualmente, conterá unha memoria xustificativa do cumprimento das condicións previstas na normativa sectorial.

Os planos de emprazamento redactaranse, como mínimo, a escala 1:500 e con referencia aos elementos urbanos e á parcelación e ordenación existente. Os planos de edificación deberán ser perfectamente lexibles e faranse, como mínimo, a escala 1:100, debéndose presenta-las plantas, seccións e alzados necesarios para a clara descrición da obra proxectada.

  • Cuestionario estatístico de edificación e vivenda do Ministerio de Fomento, debidamente cumprimentada.
  • Cando non sexa esixible un proxecto técnico, a solicitude irá acompañada dunha memoria descritiva e gráfica que defina as características xerais do seu obxecto e do inmoble no que se pretenda levar a cabo.
  • Se as obras para as que se solicita licenza comportan a execución de escavacións, terrapléns, desmonte ou rebaixe de terras: plano dos perfís que se consideren necesarios para apreciar o volume e características da obra que se vai a realizar, así como os de detalle precisos que indiquen as precaucións que compre adoptar en relación coa propia obra, coa vía pública e cos predios ou construcións veciñais que poidan ser afectada polo desmonte ou terraplén.
  • Estudio de seguridade e saúde ou estudio básico, se é o caso.
  • O proxecto estará visado polo correspondente colexio profesional, se procede. Se non é o caso, aportarase declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico competente na que figuren os seus datos persoais e profesionais, de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • Fotografías de conxunto e detalle da edificación e/ou parcela ou zona onde se realizarán as obras ou usos, subscrita polo interesado ou polo técnico redactor.
  • Oficio de dirección do/a director/a do proxecto, do/a director/a de execución, de coordinador/a de seguridade e saúde, segundo proceda.
  • Documentación de avaliación ambiental, no caso de requirila o uso a que vaian destinadas as obras.
  • Copia das Autorizacións, Concesións Administrativas ou Informes Sectoriais emitidos polos organismos estatais, autonómicos ou provinciais competentes, cando sexan legalmente esixibles para o/a interesado/a, ou acreditación de que se solicitou o seu otorgamento nalgún ou varios dos seguintes ámbitos: Costas, Augas, Estradas, Deputación Provincial, Patrimonio e Outros.

NOTA ACLARATORIA:

CANDO A OBRA TEÑA POR OBXECTO O DESENVOLVEMENTO DUNHA ACTIVIDADE, consignarase expresamente esta circunstancia e, xunto coa documentación anterior, deberá presentarse ademáis a seguinte:

  • Se o exercicio da actividade está sometido a COMUNICACIÓN PREVIA, aportarase a documentación esixida para o inicio da actividade (consultar modelo de comunicación previa de inicio dunha actividade).
  • Se a actividade se encadra entre as sometidas a LICENZA PREVIA, aportarase a documentación que corresponda xunto coa solicitude de licenza da actividade (consultar modelo de solicitude de licenza para actividade sen obras).
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Oficina Técnica (Urbanismo) Plaza del Ayuntamiento, 1 (Planta 2), 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra) 986 554 021 (Extensiones: 1019 / 1018) Luns a Venres: 09:00 a 14:00h - Sábados: INHÁBIL
Oficina Enderezo Teléfonos
Oficina Técnica (Urbanismo) Plaza del Ayuntamiento, 1 (Planta 2), 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra) 986 554 021 (Extensiones: 1019 / 1018)
Oficina Horario
Oficina Técnica (Urbanismo) Luns a Venres: 09:00 a 14:00h - Sábados: INHÁBIL
  • Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia.
  • Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia.
  • Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
  • Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras (I.C.I.O.).
  • Ordenanza fiscal por prestación de servizos ou realización de actividades (taxa por expedición de licanzas urbanísticas)
  • Ordenanza fiscal por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local (taxa por ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construcción, refugallos, valados, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas).

Volver