headerheader-400header-800
Volver

[URB-LIC-003] - Solicitude de Licenza de Primeira Ocupacion ou Utilización dun Edificio

RELACION DE OBRAS SUXEITAS A OBTENCION DE LICENZA MUNICIPAL
  • A primeira ocupación dos edificios.

A instancia será analizada pola área funcional de Urbanismo, a cal xestionará a solicitude ou determinará o órgano xestor en base ao procedemento solicitado.

PRESENCIALMENTE

O modelo de solicitude e a documentación a achegar (de ser o caso) poderase presentar na seguinte unidade organizativa:

Oficina Técnica (Urbanismo)

Enderezo: Praza do Concello, 1 (Planta 2), C.P. 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra)

Teléfonos: 986 554 021 (extensións 1019 / 1018)

Email: rexistro.xeral@vilanovadearousa.gal

Horario: Luns a Venres: 9:00 a 14:00 h. Sábados: INHÁBILES.

O modelo debidamente cumprimentado e asinado poderase presentar na Oficina Técnica de Urbanismo do Concello de Vilanova de Arousa ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.


ELECTRONICAMENTE

Achegando o modelo de solicitude, debidamente cumprimentado e asinado, xunto coa documentación que sexa requerida en cada caso, sendo necesaria a identificación na sede mediante Certificado Dixital ou DNIe e acceder a tramitación online desta solicitude, premendo no boton Rexistro Electrónico.

As Persoas Xurídicas e demais suxeitos recollidos no Artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios y rexistradores da propiedade e mercantís) únicamente poderán comunicalo electrónicamente mediante este procedemento.

A documentación esixible a aportar é o modelo de solicitude en formato electrónico "[URB-LIC-003] - SOLICITUDE DE LICENZA DE PRIMEIRA OCUPACION OU UTILIZACION DUN EDIFICIO”, o cal é accesible a través do formulario de tramitación electrónica do procedemento, debendo de ser cumprimentadoasinado electrónicamente co certificado de usuario do interesado/a que realiza a presentación telemática da solicitude e, finalmente, engadido á documentación a anexar á solicitude para que a mesma sexa válida. 

En función do tipo de solicitude que desexe realizar, poida que sexa necesario achegar, aparte do modelo esixido, outra documentación adicional. Por iso, é recomendable que o cidadán solicite información sobre o trámite a realizar e a documentación que deberá achegar coa súa solicitude para, deste xeito, evitar ter que emendar errores por falta da mesma. 

Ademáis do modelo de instancia normalizado, deberáse de aportar, obrigatoriamente, a seguinte documentación adicional:

  • Persoa Física: Fotocopia do N.I.F. No caso de que se compareza en representación doutra persoa acompañarase, ademais da fotocopia do N.I.F. do representado, o documento que acredite debidamente a representación.
  • Persoa Xurídica: A persoa que asine a solicitude achegará a documentación acreditativa da súa representación (fotocopia da escritura pública de constitución de sociedade, poder, etc.).
  • Xustificante de Pago dos Tributos Municipais que resulten preceptivos.
  • Certificado final de obra subscrito por técnico competente e visado polo colexio profesional.
  • Declaración do técnico sobre a conformidade das obras executadas co proxecto autorizado pola licenza de obras correspondente. No caso de variacións de detalle na obra executada, deberá de presentar unha memoria e planos da situación final da obra nos que queden perfectamente recollidas, descritas e identificadas as variacións introducidas (2 copias en formato dixital asinadas electrónicamente e 1 copia mais por cada organismo sectorial en caso de que teña que remitirse dende o concello; ademáis dunha copia en papel).
  • Fotografías das fachadas e da situación da edificación.
  • Certificación das compañías subministradoras de servizos públicos acreditativa da axeitada execución da acometida da rede respectiva.
  • Xustificante de solicitude da alta no Imposto de Bens de Natureza Urbana [modelo T22 (902N)].
  • Informe de ensaio  a partir de medicións in situ do cumprimento dos illamentos acústicos esixidos e, de ser o caso, que as instalación comúns do edificio non producen nas edificacións niveis sonoros superiores aos valores límite establecidos de conformidade co establecido no artigo 10 do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia.
  • Informe de comprobación experimental, a partir de medicións in situ de concentración de Radón, posteriores á intervención de conformidad eco apéndice C do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia.
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Oficina Técnica (Urbanismo) Plaza del Ayuntamiento, 1 (Planta 2), 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra) 986 554 021 (Extensiones: 1019 / 1018) Luns a Venres: 09:00 a 14:00h - Sábados: INHÁBIL
Oficina Enderezo Teléfonos
Oficina Técnica (Urbanismo) Plaza del Ayuntamiento, 1 (Planta 2), 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra) 986 554 021 (Extensiones: 1019 / 1018)
Oficina Horario
Oficina Técnica (Urbanismo) Luns a Venres: 09:00 a 14:00h - Sábados: INHÁBIL
  • Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia.
  • Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia.
  • Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
  • Lei 13/2010, do comercio interior de Galicia.
  • Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras (I.C.I.O.).
  • Ordenanza fiscal por prestación de servizos ou realización de actividades (taxa por expedición de licenzas urbanísticas).
  • Ordenanza fiscal por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local (taxa por ocupación de terreos de uso público municipal con mercadorías, materiais de construcción, refugallos, valados, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas).

Volver