PRESENCIALMENTE
O modelo de solicitude e a documentación a achegar (de ser o caso) poderase presentar na seguinte unidade organizativa:
Oficina Técnica (Urbanismo)
Enderezo: Praza do Concello, 1 (Planta 2), C.P. 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra)
Teléfonos: 986 554 021 (extensións 1019 / 1018)
Email: rexistro.xeral@vilanovadearousa.gal
Horario: Luns a Venres: 9:00 a 14:00 h. Sábados: INHÁBILES.
O modelo debidamente cumprimentado e asinado poderase presentar na Oficina Técnica de Urbanismo do Concello de Vilanova de Arousa ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.
ELECTRONICAMENTE
Achegando o modelo de solicitude, debidamente cumprimentado e asinado, xunto coa documentación que sexa requerida en cada caso, sendo necesaria a identificación na sede mediante Certificado Dixital ou DNIe e acceder a tramitación online desta solicitude, premendo no boton Rexistro Electrónico.
As Persoas Xurídicas e demais suxeitos recollidos no Artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios y rexistradores da propiedade e mercantís) únicamente poderán comunicalo electrónicamente mediante este procedemento.
A documentación esixible a aportar é o modelo de solicitude en formato electrónico "[URB-LIC-004] - SOLICITUDE DE LICENZA DE PARCELACION, SEGREGACION E OUTROS ACTOS DE DIVISION DE TERREOS”, o cal é accesible a través do formulario de tramitación electrónica do procedemento, debendo de ser cumprimentado, asinado electrónicamente co certificado de usuario do interesado/a que realiza a presentación telemática da solicitude e, finalmente, engadido á documentación a anexar á solicitude para que a mesma sexa válida.
En función do tipo de solicitude que desexe realizar, poida que sexa necesario achegar, aparte do modelo esixido, outra documentación adicional. Por iso, é recomendable que o cidadán solicite información sobre o trámite a realizar e a documentación que deberá achegar coa súa solicitude para, deste xeito, evitar ter que emendar errores por falta da mesma.
Ademáis do modelo de instancia normalizado, deberáse de aportar, obrigatoriamente, a seguinte documentación adicional:
- Persoa Física: Fotocopia do N.I.F. No caso de que se compareza en representación doutra persoa acompañarase, ademais da fotocopia do N.I.F. do representado, o documento que acredite debidamente a representación.
- Persoa Xurídica: A persoa que asine a solicitude achegará a documentación acreditativa da súa representación (fotocopia da escritura pública de constitución de sociedade, poder, etc.).
- Descritiva gráfica catastral das parcelas afectadas pola parcelación, segregación ou acto de división de terreo.
- Escritura pública de propiedade do terreo. Dita escritura deberá estar inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición catastral.
- Xustificante de pago dos tributos municipais que resulten preceptivos.
- Proxecto de parcelación subscrito por técnico competente (2 copias en formato dixital asinadas electrónicamente e 1 copia mais por cada organismo sectorial en caso de que teña que remitirse dende o Concello; ademáis dunha copia en papel) que incluirá:
- Memoria xustificativa, que comprenderá a finalidade ou o uso a que se pretendan destianr os lotes propostos e a súa adecuación ao planeamento urbanístico de Vilanova de Arousa e ao réxime legal de formación de parcelas e predios. Xustificará o parcelamento e describirá tanto o/s predio/s inicial/is como os resultantes, con indicación da referencia catastral, dos lindeiros, superficies bruta e neta, descrición das edificacións existentes na parcela (coas superficies construídas e de ocupación, e cálculos de ocupación e edificabilidade de acordo co planeamento urbanístico) e, para as resultantes, indicarase as que sexan obxecto de cesións, se procede. En caso de parcelacións en solo de núcleo rural, xustificarase que a división proposta non desfigura a tipoloxía do núcleo.
- Profroma de documento público ou privado no que se reflicta a división de terreos ou a operación xurídica asimilada que se solicite.
- Plano de situación cos predios afectados.
- Plano parcelario acoutado do predio, a escala axeitada e con base cartográfica, con indicación dos lindes, aliñacións e superficies bruta e neta e aproveitamento materializado, se é o caso (indicará para as edificacións existentes o seu uso así como as superficies ocupadas e edificadas).
- Plano do parcelamento acoutado con indicación dos lotes propostos, reflectindo a aliñación, os lindes, superficie bruta e neta e os terreos que serán obxecto de cesión, se é o caso.
- Superposición do plano parcelario sobre un plano de cualificacións urbanísticas.
- Fichas individualizadas e descritivas dos lotes resultantes, incluídas as relativas aos terreos destinados a sistemas urbanísticos que se teñan que ceder, se procede. As fichas conterán a situación do predio, indicando se está edificado ou non; plano acoutado con expresión dos lindeiros; clase e categoría do solo; uso do solo; se dispón de edificación/s, indicará a altura, volumen e situación da/s edificación/s, así como as superficies ocupadas e construídas e cos cálculos de ocupación e edificabilidade máxima da parcela, así como do xa materializado; indicarase a súa calidade de indivisible, se procede.
- Reportaxe fotográfica da parcela e das edificacións existentes, de ser o caso, subscrita polo solicitante e polo técnico redactor do proxecto.
- En caso de proxectos sen visado colexial, declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico competente na que figuren os seus datos persoais e profesionais, de xeito que permita a súa identificación, e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
- Copia da autorización ou ditame ambiental, así como das restantes Autorizacións, Concesións Administrativas ou Informes Sectoriais emitidos polos organismos estatais ou autonómicos competentes, cando sexan legalmente esixibles para o/a interesado/a, ou acreditación de que se solicitou o seu otorgamento nalgún ou varios dos seguintes ámbitos: Costas, Augas, Estradas, Deputación Provincial, Patrimonio e Outros.