PRESENCIALMENTE
O modelo de solicitude e a documentación a achegar (de ser o caso) poderase presentar na seguinte unidade organizativa:
Oficina Técnica (Urbanismo)
Enderezo: Praza do Concello, 1 (Planta 2), C.P. 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra)
Teléfonos: 986 554 021 (extensións 1019 / 1018)
Email: rexistro.xeral@vilanovadearousa.gal
Horario: Luns a Venres: 9:00 a 14:00 h. Sábados: INHÁBILES.
O modelo debidamente cumprimentado e asinado poderase presentar na Oficina Técnica de Urbanismo do Concello de Vilanova de Arousa ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.
ELECTRONICAMENTE
Achegando o modelo de solicitude, debidamente cumprimentado e asinado, xunto coa documentación que sexa requerida en cada caso, sendo necesaria a identificación na sede mediante Certificado Dixital ou DNIe e acceder a tramitación online desta solicitude, premendo no boton Rexistro Electrónico.
As Persoas Xurídicas e demais suxeitos recollidos no Artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios y rexistradores da propiedade e mercantís) únicamente poderán comunicalo electrónicamente mediante este procedemento.
A documentación esixible a aportar é o modelo de solicitude en formato electrónico "[URB-ACT-001] - SOLICITUDE DE LICENZA DE ACTIVIDADES", o cal é accesible a través do formulario de tramitación electrónica do procedemento, debendo de ser cumprimentado, asinado electrónicamente co certificado de usuario do interesado/a que realiza a presentación telemática da solicitude e, finalmente, engadido á documentación a anexar á solicitude para que a mesma sexa válida.
En función do tipo de solicitude que desexe realizar, poida que sexa necesario achegar, aparte do modelo esixido, outra documentación adicional. Por iso, é recomendable que o cidadán solicite información sobre o trámite a realizar e a documentación que deberá achegar coa súa solicitude para, deste xeito, evitar ter que emendar errores por falta da mesma.
Ademáis do modelo de instancia normalizado, deberáse de aportar, obrigatoriamente, a seguinte documentación adicional:
- Persoa Física: Fotocopia do N.I.F. No caso de que se compareza en representación doutra persoa acompañarase, ademais da fotocopia do N.I.F. do representado, o documento que acredite debidamente a representación.
- Persoa Xurídica: A persoa que asine a solicitude achegará a documentación acreditativa da súa representación (fotocopia da escritura pública de constitución de sociedade, poder, etc.).
- Xustificante de Pago dos Tributos Municipais que resulten preceptivos.
- Documento acreditativo da dispoñibilidade do local (contrato de arrendamento ou escritura de compra, etc.).
- Proxecto técnico, entendido como o conxunto de documentos que definen as actuacións que se van a desenvolver, co sentido e detalle que permita á Administración coñecer o obxecto delas e determinar o seu axuste á normativa urbanística e sectorial aplicable. O proxecto que se presente incluirá o contido mínimo previsto pola normativa sobre prevención e seguridade en materia de incendios, deberá estar asinado/a polo/a técnico/a competente e deberá conter os datos e requisitos da normativa específica sobre edificación, prevención e control ambiental que sexan de aplicación aos proxectos construtivos e de actividades (2 copias en formato dixital asinadas electrónicamente e 1 copia mais por cada organismo sectorial en caso de que teña que remitirse dende o concello; ademais dunha copia en papel).
- Plan de emerxencia, plan de auto protección, memoria de mobilidade ou estudo de avaliación da mobilidade xerada, estudo de impacto acústico e dispositivo de asistencia sanitaria, redactados de conformidade coa normativa vixente, e sempre que os seus contidos non se incorporasen ao proxecto técnico a que fai referencia á liña anterior. Dita escritura deberá estar inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición rexistral.
- Declaración da persoa titular ou organizadora, se é o caso, onde faga constar o compromiso de contratación dos seguros previstos na Lei 9/2013 do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
- Documentación requirida pola normativa sobre ruídos, quentamento, contaminación acústica, residuos e vibracións e, en todo caso, a que determine a normativa sobre prevención e control ambiental, segundo corresponda, en función das características do establecemento e das actividades que se van desenvolver nel.
- Documento acreditativo da designación, por quen solicite a licenza, da persoa que debe asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do establecemento á licenza outorgada, no cal debe constar o nome, o enderezo e a titulación e habilitación profesional da persoa designada.
- Fotocopia da póliza do seguro de responsabilidade civil.
- Fotocopia do Imposto de Actividades Económicas (I.A.E.) ou, no seu caso, declaración de exención de dito tributo.
- Reportaxe fotográfica do local, fachadas e interior, subscrita pola persoa solicitante e polo técnico redactor.
- Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico competente na que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
- Informe das condicións acústicas nos termos do artigo 11 do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia ou declaración expresa que o substitúa.
- Certificado de seguridade e solidez subscrito por persoal técnico competente e, no seu caso, co visado colexial correspondente.
- A autorización ou declaración ambiental, de ser o caso.
- Copia das Autorizacións, Concesións Administrativas ou Informes Sectoriais emitidos polos organismos estatais ou autonómicos competentes, cando sexan legalmente esixibles para o/a interesado/a, ou acreditación de que se solicitou o seu otorgamento nalgún ou varios dos seguintes ámbitos: Costas, Augas, Estradas, Deputación Provincial, Patrimonio e Outros.