PRESENCIALMENTE
O modelo de solicitude e a documentación a achegar (de ser o caso) poderase presentar na seguinte unidade organizativa:
Oficina Técnica (Urbanismo)
Enderezo: Praza do Concello, 1 (Planta 2), C.P. 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra)
Teléfonos: 986 554 021 (extensións 1019 / 1018)
Email: rexistro.xeral@vilanovadearousa.gal
Horario: Luns a Venres: 9:00 a 14:00 h. Sábados: INHÁBILES.
O modelo debidamente cumprimentado e asinado poderase presentar na Oficina Técnica de Urbanismo do Concello de Vilanova de Arousa ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.
ELECTRONICAMENTE
Achegando o modelo de solicitude, debidamente cumprimentado e asinado, xunto coa documentación que sexa requerida en cada caso, sendo necesaria a identificación na sede mediante Certificado Dixital ou DNIe e acceder a tramitación online desta solicitude, premendo no boton Rexistro Electrónico.
As Persoas Xurídicas e demais suxeitos recollidos no Artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios y rexistradores da propiedade e mercantís) únicamente poderán comunicalo electrónicamente mediante este procedemento.
A documentación esixible a aportar é o modelo de solicitude en formato electrónico "[URB-ACT-002] - COMUNICACIÓN PREVIA DE INICIO DUNHA ACTIVIDADE", o cal é accesible a través do formulario de tramitación electrónica do procedemento, debendo de ser cumprimentado, asinado electrónicamente co certificado de usuario do interesado/a que realiza a presentación telemática da solicitude e, finalmente, engadido á documentación a anexar á solicitude para que a mesma sexa válida.
En función do tipo de solicitude que desexe realizar, poida que sexa necesario achegar, aparte do modelo esixido, outra documentación adicional. Por iso, é recomendable que o cidadán solicite información sobre o trámite a realizar e a documentación que deberá achegar coa súa solicitude para, deste xeito, evitar ter que emendar errores por falta da mesma.
Ademáis do modelo de instancia normalizado, deberáse de aportar, obrigatoriamente, a seguinte documentación adicional segundo o caso:
- En caso de terse realizado obras de acondicionamento previo (con licenza ou comunicación previa):
- Persoa Física: Fotocopia do N.I.F. No caso de que se compareza en representación doutra persoa acompañarase, ademais da fotocopia do N.I.F. do representado, o documento que acredite debidamente a representación.
- Persoa Xurídica: A persoa que asine a solicitude achegará a documentación acreditativa da súa representación (fotocopia da escritura pública de constitución de sociedade, poder, etc.).
- Xustificante de Pago dos Tributos Municipais que resulten preceptivos.
- Certificación de que se remataron as obras e instalacións, asinada polo/a seu/súa técnico/a director/a.
- Se procede, certificado acústico.
- Se o titular da actividade é distinto do solicitante da obra: documento acreditativo da dispoñibilidade do local (contrato de aluguer ou escritura de compra, etc.).
- Fotocopia da póliza do seguro de responsabilidade civil, en caso de non terse presentado coa comunicación previa de obras.
- Fotocopia do Imposto de Actividades Económicas (I.A.E.) ou, no seu caso, declaración de exención de dito tributo.
- Certificado subscrito por técnico competente expedido no modelo oficial aprobado polo concello no que se acredite que a actividade cumpre coa normativa aplicable vixente.
- En caso de non terse realizado obras de acondicionamento previo (con licenza ou comunicación previa):
- Persoa Física: Fotocopia do N.I.F. No caso de que se compareza en representación doutra persoa acompañarase, ademais da fotocopia do N.I.F. do representado, o documento que acredite debidamente a representación.
- Persoa Xurídica: A persoa que asine a solicitude achegará a documentación acreditativa da súa representación (fotocopia da escritura pública de constitución de sociedade, poder, etc.).
- Descritiva gráfica catastral.
- Xustificante de Pago dos Tributos Municipais que resulten preceptivos.
- Documento acreditativo da dispoñibilidade do local (contrato de arrendamento ou escritura de compra, etc.).
- Fotocopia da póliza do seguro de responsabilidade civil, en caso de non terse presentado coa comunicación previa de obras.
- Fotocopia do Imposto de Actividades Económicas (I.A.E.) ou, no seu caso, declaración de exención de dito tributo.
- Memoria explicativa da actividade que se pretende realizar subscrita por técnico competente, que detalle os seus aspectos básicos, a súa localización e o establecemento ou establecementos onde se vai a desenvolver.
- Memoria/Proxecto Técnico que resulte esixible, segundo a natureza da actividade ou instalación, subscritos por técnico competente, que definan as actuacións que se van a desenvolver, co contido e detalle que lle permita ao Concello coñecer o obxecto delas e determinar o seu axuste á normativa urbanística e sectorial aplicable. Deberá de xustificar que o local será apto para o uso, de acordo coa normativa aplicable e con especial referencia ao cumprimento das condicións de estabilidade, illamento térmico e acústico, seguridade contra incendios, accesibilidade e normativa específica de edificación precisa para o uso pretendido (2 copias en formato dixital asinadas electrónicamente e 1 copia mais por cada organismo sectorial en caso de que teña que remitirse dende o concello; ademais dunha copia en papel).
Incluirá plano de situación, plano de localización nas normas urbanísticas en vigor, plantas, alzados e seccións do local acoutados a escalas 1:100 ou 1:50 segundo ocaso, indicando o uso das diferentes dependencias, a maquinaria, a situación das saídas, comunicacións, etc., e as instalacións de protección contra incendios.
- Reportaxe fotográfica do local, fachadas e interior.
- Manifestación expresa da persoa titular da actividade ou do establecemento, subscrita por técnico competente, de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que o establecemento reúne as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico, de acordo co artigo 11.d do Decreto 144/2016.
- Certificado subscrito por técnico competente expedido no modelo oficial aprobado polo concello no que se acredite que a actividade cumpre coa normativa aplicable vixente.
- Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico competente na que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
- Informe das condicións acústicas nos termos do artigo 11 do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia ou, se procede, manifestación expresa que o substitúa.
- Copia das Autorizacións, Concesións Administrativas ou Informes Sectoriais emitidos polos organismos estatais ou autonómicos competentes, cando sexan legalmente esixibles para o/a interesado/a, ou acreditación de que se solicitou o seu otorgamento nalgún ou varios dos seguintes ámbitos: Costas, Augas, Estradas, Deputación Provincial, Patrimonio e Outros.