headerheader-400header-800
Volver

[URB-OVP-001] - Solicitude de Ocupación de Vía ou Espazo Público Municipal

Permite a presentación, por parte do Interesado/a, de solicitudes ante o Rexistro Xeral do concello, con relación á ocupación de vías ou espazos públicos de titularidade municipal.

O concello, mediante este servizo, pón á disposición da cidadanía unha vía de comunicación directa a través de medios electrónicos, permitindo o acceso (logo da previa identificación fidedigna) á Administración sen falta de desprazarse a ela. 

A instancia será analizada pola área funcional de Urbanismo, a cal xestionará a solicitude ou determinará o órgano xestor en base ao procedemento solicitado.

O modelo de solicitude e a documentación a achegar (de ser o caso) poderase presentar na seguinte unidade organizativa:

Rexistro Xeral (Concello de Vilanova de Arousa)

Enderezo: Praza do Concello, 1 (Planta Baixa), C.P. 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra)

Teléfonos: 986 554 021 / 986 554 082  - Fax: 986 554 069

Email: rexistro.xeral@vilanovadearousa.gal

Horario: Luns a Venres: 9:00 a 13:30 h. Sábados: INHÁBILES.

O modelo debidamente cumprimentado e asinado poderase presentar no Rexistro Xeral do Concello de Vilanova de Arousa ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.


ELECTRÓNICAMENTE

Achegando o modelo de solicitude, debidamente cumprimentado e asinado, xunto coa documentación que sexa requerida en cada caso, sendo necesaria a identificación na sede mediante Certificado Dixital ou DNIe e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton Rexistro Electrónico.

As Persoas Xurídicas e demais suxeitos recollidos no Artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios y rexistradores da propiedade e mercantís) únicamente poderán comunicalo electrónicamente mediante este procedemento.

A documentación esixible a aportar é o modelo de solicitude en formato electrónico "[URB-OVP-001] - SOLICITUDE DE OCUPACIÓN DE VÍA OU ESPAZO PÚBLICO MUNICIPAL" o cal é accesible a través do formulario de tramitación electrónica do procedemento, debendo de ser cumprimentadoasinado electrónicamente co certificado de usuario do interesado/a que realiza a presentación telemática da solicitude e, finalmente, engadido á documetación a anexar á solicitude para que a mesma sexa válida. 

En función do tipo de solicitude que desexe realizar, poida que sexa necesario achegar, aparte do modelo esixido, outra documentación adicional. Por iso, é recomendable que o cidadán solicite información sobre o trámite a realizar e a documentación que deberá achegar coa súa solicitude para, deste xeito, evitar ter que emendar errores por falta da mesma. 

Ademáis do modelo de instancia normalizado, deberáse de aportar, obrigatoriamente, a seguinte documentación adicional:

  • Persoa Física: Fotocopia do N.I.F. No caso de que se compareza en representación doutra persoa acompañarase, ademais da fotocopia do N.I.F. do representado, o documento que acredite debidamente a representación.
  • Persoa Xurídica: A persoa que asine a solicitude achegará a documentación acreditativa da súa representación (fotocopia da escritura pública de constitución de sociedade, poder, etc.).
  • Plano de Situación.
  • Plano de Emprazamento a escala mínima 1:500, no que se indiquen a localización do evento e a posición das orquestras, atracción de feira, postes de alimentación e/ou outros usos comerciais, etc.
  • Plan de Emerxencia.
  • Plan de Autoprotección, para o caso de que o aforo previsto supere as 20.000 persoas en espazos abertos ou as 2.500 persoas en espazos pechados.
  • Xustificante de Pago dos Tributos Municipais que resulten preceptivos.
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Oficina Técnica (Urbanismo) Plaza del Ayuntamiento, 1 (Planta 2), 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra) 986 554 021 (Extensiones: 1019 / 1018) Luns a Venres: 09:00 a 14:00h - Sábados: INHÁBIL
Oficina Enderezo Teléfonos
Oficina Técnica (Urbanismo) Plaza del Ayuntamiento, 1 (Planta 2), 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra) 986 554 021 (Extensiones: 1019 / 1018)
Oficina Horario
Oficina Técnica (Urbanismo) Luns a Venres: 09:00 a 14:00h - Sábados: INHÁBIL

Volver