headerheader-400header-800
Volver

[URB-LIC-007] - Declaración Responsable Sobre un Proxecto de Execución dun Proxecto Básico con Licenza Outorgada

RELACION DE OBRAS SUXEITAS A OBTENCION DE LICENZA MUNICIPAL
  • Os actos de edificación e uso do solo e do subsolo que, consonte á normativa xeral de ordenación da edificación, precisen de proxecto de obras de edificación.
  • As intervencións en inmobles declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.
  • Os muros de contención de terras, cando a súa altura sexa igual ou superior a 1,5 mts.
  • Os grandes movementos de terras e as explanacións.
  • A implantación de calquera instalación de uso residencial, xa sexa provisional ou permanente.
  • A corta de masas arbóreas ou de vexetación arbustiva en terreos incorporados a procwsos de transformación urbanísticas e, en todo caso, cando a dita corta derive da lexislación de protección do dominio público, agás as autorizadas en solo rústico polos órganos competentes en materia forestal.

A instancia será analizada pola área funcional de Urbanismo, a cal xestionará a solicitude ou determinará o órgano xestor en base ao procedemento solicitado.

PRESENCIALMENTE

O modelo de solicitude e a documentación a achegar (de ser o caso) poderase presentar na seguinte unidade organizativa:

Oficina Técnica (Urbanismo)

Enderezo: Praza do Concello, 1 (Planta 2), C.P. 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra)

Teléfonos: 986 554 021 (extensións 1019 / 1018)

Email: rexistro.xeral@vilanovadearousa.gal

Horario: Luns a Venres: 9:00 a 14:00 h. Sábados: INHÁBILES.

O modelo debidamente cumprimentado e asinado poderase presentar na Oficina Técnica de Urbanismo do Concello de Vilanova de Arousa ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.


ELECTRONICAMENTE

Achegando o modelo de solicitude, debidamente cumprimentado e asinado, xunto coa documentación que sexa requerida en cada caso, sendo necesaria a identificación na sede mediante Certificado Dixital ou DNIe e acceder a tramitación online desta solicitude, premendo no boton Rexistro Electrónico.

As Persoas Xurídicas e demais suxeitos recollidos no Artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios y rexistradores da propiedade e mercantís) únicamente poderán comunicalo electrónicamente mediante este procedemento.

A documentación esixible a aportar é o modelo de solicitude en formato electrónico "[URB-LIC-007] - DECLARACIÓN RESPONSABLE SOBRE UN PROXECTO DE ESECUCIÓN DUN PROXECTO BÁSICO CON LICENZA XA OUTORGADA", o cal é accesible a través do formulario de tramitación electrónica do procedemento, debendo de ser cumprimentadoasinado electrónicamente co certificado de usuario do interesado/a que realiza a presentación telemática da solicitude e, finalmente, engadido á documentación a anexar á solicitude para que a mesma sexa válida. 

En función do tipo de solicitude que desexe realizar, poida que sexa necesario achegar, aparte do modelo esixido, outra documentación adicional. Por iso, é recomendable que o cidadán solicite información sobre o trámite a realizar e a documentación que deberá achegar coa súa solicitude para, deste xeito, evitar ter que emendar errores por falta da mesma. 

Ademáis do modelo de instancia normalizado, deberáse de aportar, obrigatoriamente, a seguinte documentación adicional:

  • Persoa Física: Fotocopia do N.I.F. No caso de que se compareza en representación doutra persoa acompañarase, ademais da fotocopia do N.I.F. do representado, o documento que acredite debidamente a representación.
  • Persoa Xurídica: A persoa que asine a solicitude achegará a documentación acreditativa da súa representación (fotocopia da escritura pública de constitución de sociedade, poder, etc.).
  • Descritiva Gráfica Catastral da parcela onde se van a executar as obras, indicando a posición das mesmas.
  • Xustificante de Pago dos Tributos Municipais que resulten preceptivos.
  • Proxecto completo redactado por técnico competente (2 copias en formato dixital asinadas electrónicamente e 1 copia mais por cada organismo sectorial en caso de que teña que remitirse dende o concello; ademais dunha copia en papel).
  • Certificado expedido polo Técnico Redactor do Proxecto de Execución no modelo oficial aprobado polo Concello (URB-LIC-008), que acredita que este se axusta ó Proxecto Básico en base ó cal se outorgou a licenza.

NOTA ACLARATORIA:

CANDO A OBRA TEÑA POR OBXECTO O DESENVOLVEMENTO DUNHA ACTIVIDADE, consignarase expresamente esta circunstancia e, xunto coa documentación anterior, deberá presentarse ademáis a seguinte:

  • Se o exercicio da actividade está sometido a COMUNICACIÓN PREVIA, aportarase a documentación esixida para o inicio da actividade (consultar modelo de comunicación previa de inicio dunha actividade).
  • Se a actividade se encadra entre as sometidas a LICENZA PREVIA, aportarase a documentación que corresponda xunto coa solicitude de licenza da actividade (consultar modelo de solicitude de licenza para actividade sen obras).
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Oficina Técnica (Urbanismo) Plaza del Ayuntamiento, 1 (Planta 2), 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra) 986 554 021 (Extensiones: 1019 / 1018) Luns a Venres: 09:00 a 14:00h - Sábados: INHÁBIL
Oficina Enderezo Teléfonos
Oficina Técnica (Urbanismo) Plaza del Ayuntamiento, 1 (Planta 2), 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra) 986 554 021 (Extensiones: 1019 / 1018)
Oficina Horario
Oficina Técnica (Urbanismo) Luns a Venres: 09:00 a 14:00h - Sábados: INHÁBIL
  • Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia.
  • Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia.
  • Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
  • Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras (I.C.I.O.).
  • Ordenanza fiscal por prestación de servizos ou realización de actividades (taxa por expedición de licanzas urbanísticas).
  • Ordenanza fiscal por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local (taxa por ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construcción, refugallos, valados, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas).

Volver