headerheader-400header-800
Volver

[URB-LIC-006] - Solicitude de Licenza de Empresas Subministradoras de Servizos Públicos en Dominio Público.

RELACION DE OBRAS SUXEITAS A OBTENCION DE LICENZA MUNICIPAL
  • As obras de instalación de servizos públicos: de abastecemento e evacuación de augas, de subministración de enerxía eléctrica, iluminación pública, gas, telecomunicacións e outros.

A instancia será analizada pola área funcional de Urbanismo, a cal xestionará a solicitude ou determinará o órgano xestor en base ao procedemento solicitado.

PRESENCIALMENTE

O modelo de solicitude e a documentación a achegar (de ser o caso) poderase presentar na seguinte unidade organizativa:

Oficina Técnica (Urbanismo)

Enderezo: Praza do Concello, 1 (Planta 2), C.P. 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra)

Teléfonos: 986 554 021 (extensións 1019 / 1018)

Email: rexistro.xeral@vilanovadearousa.gal

Horario: Luns a Venres: 9:00 a 14:00 h. Sábados: INHÁBILES.

O modelo debidamente cumprimentado e asinado poderase presentar na Oficina Técnica de Urbanismo do Concello de Vilanova de Arousa ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.


ELECTRONICAMENTE

Achegando o modelo de solicitude, debidamente cumprimentado e asinado, xunto coa documentación que sexa requerida en cada caso, sendo necesaria a identificación na sede mediante Certificado Dixital ou DNIe e acceder a tramitación online desta solicitude, premendo no boton Rexistro Electrónico.

As Persoas Xurídicas e demais suxeitos recollidos no Artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios y rexistradores da propiedade e mercantís) únicamente poderán comunicalo electrónicamente mediante este procedemento.

A documentación esixible a aportar é o modelo de solicitude en formato electrónico "[URB-LIC-006] – SOLICITUDE DE LICENZA DE EMPRESAS SUBMINISTRADORAS DE SERVIZOS PÚBLICOS EN DOMINIO PÚBLICO”, o cal é accesible a través do formulario de tramitación electrónica do procedemento, debendo de ser cumprimentadoasinado electrónicamente co certificado de usuario do interesado/a que realiza a presentación telemática da solicitude e, finalmente, engadido á documentación a anexar á solicitude para que a mesma sexa válida. 

En función do tipo de solicitude que desexe realizar, poida que sexa necesario achegar, aparte do modelo esixido, outra documentación adicional. Por iso, é recomendable que o cidadán solicite información sobre o trámite a realizar e a documentación que deberá achegar coa súa solicitude para, deste xeito, evitar ter que emendar errores por falta da mesma. 

Ademáis do modelo de instancia normalizado, deberáse de aportar, obrigatoriamente, a seguinte documentación adicional:

  • Persoa Física: Fotocopia do N.I.F. No caso de que se compareza en representación doutra persoa acompañarase, ademais da fotocopia do N.I.F. do representado, o documento que acredite debidamente a representación.
  • Persoa Xurídica: A persoa que asine a solicitude achegará a documentación acreditativa da súa representación (fotocopia da escritura pública de constitución de sociedade, poder, etc.).
  • Cando Proceda,Descritiva Gráfica Catastral da parcela onde se van a executar as obras, indicando a posición das mesmas.
  • Xustificante de pago dos tributos municipais que resulten preceptivos.
  • Proxecto de Completo redactado por técnico competente (2 copias en formato dixital asinadas electrónicamente e 1 copia mais por cada organismo sectorial en caso de que teña que remitirse dende o Concello; ademáis dunha copia en papel). Conterá unha memoria urbanística, como documento específico e independente, na cal se indicará a finalidade e uso da construcción ou actuación proxectada, razoándose a súa adecuación á ordenación vixente, con expresa indicación da clasificación e cualificación do solo obxecto da actuación e da normativa e das ordenanzas aplicables a el.​

A memoria do proxecto desenvolverá os argumentos necesarios para xustificar o cumprimento do preceptuado no artigo 216 do Regulamento da Lei do Solo de Galicia, e irá acompañada dos correspondentes planos de situación a escala axeitada, así como de calquera outra información gráfica que resulte precisa para apoiar o seu contido. Igualmente, conterá unha memoria xustificativa do cumprimento das condicións previstas na normativa sectorial.

Os planos de emprazamento redactaranse, como mínimo, a escala 1:500 e con referencia aos elementos urbanos e á parcelación e ordenación existente. Os planos de edificación deberán ser perfectamente lexibles e faranse, como mínimo, a escala 1:100, debéndose presenta-las plantas, seccións e alzados necesarios para a clara descrición da obra proxectada.

Cando non sexa esixible un proxecto técnico, a solicitude irá acompañada dunha memoria descritiva e gráfica que defina as características xerais do seu obxecto e do inmoble no que se pretenda levar a cabo.

  • Documento Independente que defina a descrición das obras de resposición que se vana levar a cabo, planos de emprazamento acoutado que reflictan a zona dereposición, e o orzamento propio para definir o valor de cada fianza para cada obra específica.
  • Estudo de Seguridade e Saúde ou estudo básico, se é o caso.
  • O Proxecto Estará Visado polo Correspondente Colexio Profesional, se procede. Se non é o caso, aportarase declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico competente na que figuren os seus datos persoais e profesionais, de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • Fotografías de Conxunto e Detalle da edificación e/ou parcela ou zona onde se realizarán as obras ou usos, subscrita polo interesado ou polo Técnico Redactor.
  • Oficio de Dirección do/a director/a do proxecto, do/a director/a de execución, de coordinador/a de seguridade e saúde, segundo proceda.
  • Copia das Autorizacións, Concesións Administrativas ou Informes Sectoriais emitidos polos organismos estatais ou autonómicos competentes, cando sexan legalmente esixibles para o/a interesado/a, ou acreditación de que se solicitou o seu otorgamento nalgún ou varios dos seguintes ámbitos: Costas, Augas, Estradas, Deputación Provincial, Patrimonio e Outros.

CONDICIÓNS XERAIS:

  • A reposición do firme da rúa, camiño ou pista, farase da seguinte maneira:
    • ​A canalización situarase a 1 metro de profundidade como mínimo da rasante da vía.
    • O recheo de gabia realizarase con material seleccionado, compactado 95% PM, e se rematará cunha capa de formigón de 15cm de espesor.
    • A capa de rodadura fresarase e reporase nas seguintes condicións: o fresado realizarase en todo o ancho do camiño, ou carril da vía, na lonxitude afectada polas obras. Nos cruzamentos terá unha lonxitude mínima de 10 metros, comezando 5 metros antes do eixo do cruzamento e rematando 5 metros despois. A continuación, e unha vez compactada, aplicarase un rego de imprimación ECI de 1,4kg/m2 e unha capa de rodadura de 6cm de espesor MBC D-20.
    • As obras realizaranse baixo dirección facultativa.
  • ​De acordo co artigo 142.4 da Lei 2/2016 do Solo de Galicia: “As empresas subministradoras de enerxía eléctrica, auga, gas e telecomunicacións exixirán para a realización das obras de acometida conexión coas redes de servizos ou, de ser o caso, para a contratación dos respectivos servizos o título habilitante de natureza urbanística que resulte preciso.”
  • De acordo co artigo 160.4 da Lei 2/2016 do Solo de Galicia: “As compañías subministradoras de servizos urbanísticos serán responsables das infraccións que deriven do incumprimento das súas obrigas establecidas nesta lei.”
  • De acordo co artigo 78.8 do Decreto 143/2016 polo que se aproba o Regulamento da Lei do Solo: “O planeamento poderá prohibir os tendidos aéreos e prever o soterramento dos existentes. En todo caso, deberán soterrarse as redes de servizos dos novos desenvolvemen tos residenciais e terciarios (artigo 43.5 da LSG).
    O plan xeral establecerá as condicións necesarias para que nas rehabilitacións e nas actuacións integrais sobre as fachadas de edificios existentes se eliminen os tendidos vis tos de instalacións.
    Ademais, o planeamento preverá o soterramento das instalacións relativas aos servizos públicos nas áreas de especial protección, sen prexuízo do que dispoña a normativa sectorial de aplicación.”
  • De acordo co artigo 356.5 do Decreto 143/2016 polo que se aproba o Regulamento da Lei do Solo: “As empresas distribuidoras e subministradoras de enerxía eléctrica, auga, gas e telecomunicacións exixirán aos promotores da obra ou solicitantes do servizo para a realización das obras de acometida ou conexión coas redes de servizos ou, de ser o caso, para a contratación dos respectivos servizos, o título habilitante de natureza urbanística que resulte preciso para a edificación ou instalación para a que se solicita a subministración.”
Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Oficina Técnica (Urbanismo) Plaza del Ayuntamiento, 1 (Planta 2), 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra) 986 554 021 (Extensiones: 1019 / 1018) Luns a Venres: 09:00 a 14:00h - Sábados: INHÁBIL
Oficina Enderezo Teléfonos
Oficina Técnica (Urbanismo) Plaza del Ayuntamiento, 1 (Planta 2), 36620, Vilanova de Arousa (Pontevedra) 986 554 021 (Extensiones: 1019 / 1018)
Oficina Horario
Oficina Técnica (Urbanismo) Luns a Venres: 09:00 a 14:00h - Sábados: INHÁBIL
  • Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia.
  • Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia.
  • Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
  • Lei 13/2010, do comercio interior de Galicia.
  • Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras (I.C.I.O.).
  • Ordenanza fiscal por prestación de servizos ou realización de actividades (taxa por expedición de licenzas urbanísticas).
  • Ordenanza fiscal por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local (taxa por ocupación de terreos de uso público municipal con mercadorías, materiais de construción, refugallos, valados, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas).

Volver