A normativa en materia de protección de datos permite que calquera persoa poida exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade de datos, oposición e limitación ao seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisións baseadas, únicamente, no tratamento automatizado dos seus datos.
Dereito de Acceso.
A persoa afectada ten dereito a ser informada:
Debe distinguirse do dereito de aceso dos interesados aos expedientes administrativos que regula a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, así como o dereito de aceso regulado na Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, aceso á información pública e bo goberno.
Dereito de Rectificación.
A persoa afectada ten dereito a obter, sen dilación indebida do responsable do tratamento, a rectificación dos datos persoais inexactos, así como que se completen aqueles datos persoais incompletos, incluso mediante unha declaración adicional.
Dereito de Supresión (dereito ao esquecemento).
A persona afectada pode solicitar a supresión dos datos persoais cando concorra algún dos supostos contemplados na lexislación, destacando aqueles casos nos que desaparezca a finalidade que motivou o tratamento, ou que os datos persoais fosen tratados de forma ilícita.
Exceptúase este dereito nos casos en que deba prevalecer, para el cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable.
Dereito á Limitación do Tratamento.
Permite á persona afectada obter do responsable do tratamento a limitación do tratamento dos datos cando:
Dereito á Portabilidade.
A persoa interesada terá dereito a recibir, do responsable do tratamento, os seus datos persoais, nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou solicitar que sexan transmitidos a outro responsable do tratamento, cando sexa técnicamente posible.
Dereito de Oposición.
A persoa afectada pode opoñerse ao tratamento:
Formularios para o exercicio dos seus dereitos: