headerheader-400header-800

Delegado de Protección de Datos

O artigo 37.1 do Regulamento U.E. 2016/679 Xeral de Protección de Datos (R.X.P.D.) establece que, as autoridades e organismos públicos, teñen a obriga de designar a un Delegado de Protección de Datos (D.P.D.).

O Concello de Vilanova de Arousa designou ao seu D.P.D. correctamente, tal e como se pode comprobar en: Consulta DPD

As suas funcións veñen definidas no artígo 39 do R.X.P.D. e consisten, principalmente, en informar e asesorar ao Concello e aos seus traballadores, sobre as obrigas que lles incumben no tratamento de datos de carácter personal e a supervisión do seu cumprimento. Asimesmo, debe de cooperar coa Axencia Española de Protección de Datos (A.E.P.D.) e actuar como punto de contacto entre ésta e o Concello.

A sua vez, calquera cidadán poderá dirixirse ao Delegado de Protección de Datos se lle surxen dúbidas sobre o tratamento dos seus datos por parte do Concello, ou non está conforme co mesmo. Para elo, pode contactar co Delegado de Protección de Datos do Concello de Vilanova de Arousa dirixindose por escrito ao enderezo de correo electrónico dpd@vilanovadearousa.gal

Máis información: Axencia Española de Protección de Datos